1. Preto de ti vivir quero Señor,
anque deba sufrir na cruz da dor.
Ledo no sufrimento hei de cantar así
mais preto aínda, mais preto meu deus de ti.
2. E cando ó pazo teu me mandes ir
deixando todo atrás hei de subir.
Voando cara o ceo, hei de cantar así
máis preto aínda máis preto meu Deus de ti.
3. Se camiñando vou, sen atopar,
o mundo ó percorrer, doce fogar,
verei o ceo brillar e soñarei que así:
axiña chegarei, meu Deus, a Ti.
4. Con pedras do penar hei de labrar
para o meu amado Pai un sagro altar.
E as miñas aflicións xugo serán que así:
máis preto hanme levar, meu Deus de Ti.
5. Escóitanos, Señor, abre as túas mans,
acóllenos, Señor, na túa paz.
Co teu grande valor, amósanos, Señor,
que Ti estás aquí, preto de nós.