Coro Parroquial de Esteiro

Camiñando pola vida

CAMIÑANDO POLA VIDA
CO FRESCOR DUNHA CANTIGA,
CAMIÑANDO ATOPAREMOS CO AMOR.

CAMIÑANDO TODOS XUNTOS
NAS LEDICIAS E NAS DORES,
CAMIÑANDO ATOPAREMOS Ó SEÑOR.

1. Ai, Señor, envía o teu alento, ¡el hanos animar!
Ai, Señor, se temos novos folgos, ¡volveremos cantar!

2. Ai, Señor, que o pobo está moi canso de tanto camiñar.
Ai, Señor, que xa todos preguntan polo viño e polo pan.

3. Ai, Señor, que che é duro o camiño e queima moito o sol.
Ai, Señor, que xa non abro os ollos coas areas e coa dor.

4. Ai, Señor que levo os labios secos do nordés feridor.
Ai, Señor que xa tocar non podo pois non ten ar o meu fol.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .