LEDOS CHEGUEMOS, LEDOS CANTEMOS
Á NOSA VIDA, Ó NOSO DEUS. (bis todo)
1. Louvámoste, oh Deus, da terra e o ceo
polas nosas rías, polas nosas praias,
polos nosos montes, polas nosas fragas,
polo noso orballo, polas nosas leiras.
2. A voz garimosa da xente galega
espallada no mundo por todo o redor
decote, coa xota ou cunha balada
ou cunha muiñeira entoa o teu loor.
3. Vendo homes varudos que seguen na loita
pola nosa terra, acó e acolá,
quen non enche o peito, quen non abre os beizos
pra ti, oh Reino, so louvanzas cantar.