1. Lémbrate do irmán que sufre
Cando no leito adoeza;
Espérao sempre, Señor,
Que é servo da túa grandeza.
DEUS ESTÁ PRESENTE, É PAN DE VIDA.
DEUS É A ESPERANZA NA EUCARISTÍA. [BIS TODO]
2. Sen medo a morrer quixera
no amparo do teu legado,
co auxilio da túa graza,
ser feliz sempre ao teu lado.
3. As almas que aló agardan
que se cumpra a súa esperanza
de estar con Deus para sempre,
viven na nosa lembranza.