XURDIRÁ, XURDIRÁ, SABEMOS QUE ESTÁ ALÍ
DETRÁS DO NOSO ESFORZO, O TEU REINO DE AMOR,
DE LIBERDADE E PAZ.
CHEGARÁ, CHEGARÁ, OLLAMOS CARA A ELA
UNHA ALBORADA NOVA QUE TRAIA A LUZ DO DÍA
DA VITORIA FINAL.
1.Traémosche, Señor, o mundo que deixaches
nas nosas pobres mans, faremos del un lar
que xunte na túa paz a tódolos irmáns.
2. Nunha verde paisaxe Galicia está durmida
e quere espertar, alenta Ti o espírito
dos homes que para erguela a traballar están.
3. Queremos para Galicia xustiza, amor e paz
que habemos de acadar será froito os homes
que sementan esforzos na terra e mailo mar.