Coro Parroquial de Esteiro

Son pan e viño

SON LEDICIA E SON CANTAR,
SON ESPERANZA E SON VIDA,
SON O VIÑO E MAILO PAN
NA MESA DUNHA FAMILIA.

1. Vinde pra aquí meus amigos,
que a mesa arranxada está.
Xa botei o viño e sobor da mesa
xa branquea o pan.

2. Vinde pra aquí meus amigos,
que xa eu abrín o meu portal,
pra vós é o meu lar;
traédeme vós o voso cantar.

3. Amigos, non me deixedes,
vinde todos comigo a xantar,
só vós podedes coa vosa ledicia
dar sabor ó pan.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .