SEÑOR, EU NON SON MERECENTE
DE QUE ENTRES NO MEU FOGAR,
MAIS UNHA PALABRA TÚA
ABONDA PRA ME SALVAR.
1. Correde todos a El,
que voso Pai vos convida
ás augas da vosa sede,
ó pan que contén a vida.
2. Este pan que aquí vos dou
é a miña Carne en comida;
-son verbas do bo Xesús-
o meu Sangue é aquí bebida.
3. O que coma deste pan,
o que beba deste viño,
xa non sentirá outras fames
nin sedes no seu camiño.
4. As augas que Deus dará
ós que das súas augas beben,
faránselles dentro deles
fontenlas de vida eterna.