A LIBERDADE E MAILA XUSTIZA
SON OS ANCEIOS DOS HOMES,
A LIBERDADE E MAILA XUSTIZA
SON A COMPAÑA DE DEUS.
1. Cando naciches, Señor, anunciáronnos paz,
cando vivías con nós, repartíchenos paz.
2. O despedirte dixeches. “Eu déixovos paz,
non como o mundo a dará, vos darei Eu a paz.”.
3. O rexurdires trouxeches saúdos de paz;
tiñamos medo sen Ti e mudáchelo en paz.
4. Cando Ti volvas, Señor, encherasnos de paz;
Ti vas decote con nós construíndo na paz.