CANTANDO OS HIMNOS DA IRMANDADE,
VOLTAMOS LEDOS PROS NOSOS LARES,
AVENCELLADOS NUN CORAZÓN
CANTEMOS TODOS BELIDOS
CANTOS DE PAZ E AMOR.
1. Pois todos somos irmáns
diante de Deus, noso Pai,
démonos tódalas mans
neste intre fraternal.
2. A nosa angueira ha de ser,
co lume da cristiandade,
unha candea acender
dentro de tódolos lares.
3. A nosa ledicia cristiá
e a nova do Evanxeo
han de xunguir e aledar
ós homes do mundo enteiro.