Coro Parroquial de Esteiro

Virxe Santa do Carmelo

VIRXE SANTA DO CARMELO,
NAI DO AMOR E DO CONSOLO,
CO TEU FILLIÑO NO COLO
ENTRE AS TEBRAS A BRILLAR.

1. Amorosa e compasiva
acolle con agarimo
O pobo que busca arrimo
ó carón do teu altar.

VIRXE SANTA DO CARMELO,
NAI DO AMOR E DO CONSOLO,
CO TEU FILLIÑO NO COLO
ENTRE AS TEBRAS A BRILLAR.

2. Nai dos homes mariñeiros,
dos ceos e mailos mares
protexe os nosos lares
e devólveno-la paz.

VIRXE SANTA DO CARMELO,
NAI DO AMOR E DO CONSOLO,
CO TEU FILLIÑO NO COLO
ENTRE AS TEBRAS A BRILLAR.

3. Cando a morte nos visite
Recolle nas túas palmas
Benditas as nosas almas
E preséntallas ó Pai.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .