DITOSOS OS QUE TEMEN Ó SEÑOR
E VAN POLOS SEUS CAMIÑOS.
1. Ditosos os que temen ó Señor,
os que seguen os seus camiños
comerás do traballo das túas mans,
serás ditoso, serás afortunado.
2. A túa muller coma parra fecunda
no interior da túa casa,
os teus fillos coma gromos de oliveira
arredor da túa mesa.
3 Así será bendito o home que teme ó Señor
que o Señor te bendiga desde Sión
e goces coa prosperidade de Xerusalén
tódolos día da túa vida.