1. Polos vieiros da vida, Señor,
cansos chegamos, famentos de paz.
Coida de nós, pois e-lo Pastor,
nos seus verdes pastos fainos repousar.
XUNTOS CHEGAMOS Ó TEU ALTAR
PARA COME-LO PAN DA VIDA,
CORPO ENTREGADO POR TODOS,
SANGUE VERTIDO DE EUCARISTÍA.
2. Eu non merezo que veñas a min,
teño pecado por falta de amor.
Di unha palabra e quedarei san
para achegarme á comunión.
3. Pan compartido con tantos irmáns:
Sangue, misterio de liberación.
Eucaristía. Memorial da Cruz,
festa da Vida e de Resurrección.