1. Non veño á soedade
cando veño á oración,
pois sei que estando contigo
tamén cos irmáns estou
e sei que estando con eles
Ti estás no medio, Señor.
NOSO PAI E PAI DE TODOS,
LÍBRAME DO ORGULLO DE ESTAR SÓ.
2. Non veño a refuxiarme
dentro do teu torreón,
coma quen fuxe a un exilio
de aristocracia interior.
Veño fuxindo do ruído,
pero non dos homes, non.
3. A onde vai un cristián,
non vai só, pois leva amor
porque leva a toda a Igrexa
dentro do seu corazón
e aínda que diga "eu",
sempre está dicindo "nós".