Coro Parroquial de Esteiro

O misterio do camiño

O MISTERIO DO CAMIÑO
AXIÑA ME VAI LEVAR
PRETO DO SEÑOR SANTIAGO
QUE OS SEGREDOS ME HA GARDAR.

CANDO AS SILVEIRAS ME FIRAN
NESE LONGO CAMIÑAR
COAS MANS E OS PÉS DORIDOS
INDA ASÍ QUERO CHEGAR.

1. Cando a noite sexa escura
e os meus ollos non me deixen ver
pechareinos pra que a estrela
volva en min resplandecer.
Camiñantes, peregrinos,
non deixedes de percorrer!.
O misterio do camiño
todos queren coñecer.

2. Co caxato me sosteño,
e con auga, pan e suor
hei de ir gañando o camiño
gozoso e con amor.
Contan vellos peregrinos
como facía o xograr,
cantas historias escritas
dese longo camiñar.

3. Cun caxato me sosteño
no camiño que me leva ó "Alén"
peregrino pola vida
sinto preto o mesmo Deus.
Non vou só mentres camiño;
vén a Igrexa canda min tamén.
o misterio do camiño
sempre brilla habendo fe.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .