¡Salve, Raíña, Nai de misericordia!
vida, dozura, e esperanza nosa. ¡Salve!
Por ti chamamos os desterrados, fillos de Eva.
Por ti salaiamos, sufrindo e chorando
neste val de bágoas.
Por isto, Señora e Avogada nosa,
volve cara a nós eses teus ollos misericordiosos.
E despois deste desterro,
móstranos a Xesús,
froito bendito do teu seo.
¡Salve, Raíña, Nai de misericordia!
vida, dozura, e esperanza nosa. ¡Salve!
Clementísima, piadosa,
doce Virxe María.
Roga por nós, Santa Nai de Deus,
para que sexamos merecentes
das promesas de Xesucristo, noso Señor. Amén