Á BEIRA DA NOSA ESPERANZA,
SENTÍMO-LA MAN DE XESÚS
PALABRAS DE VIDA E BONDADE
QUE ABREN CAMIÑOS DE LUZ [BIS]
1. Se as tebras da vida te deixan
a escuras, sen luz e calor,
non te quedes tristeiro e covarde,
solitario nun mundo sen sol.
2. Se a xente non premia o teu triunfo
por envexa ou calquer mal querer,
segue adiante, non quedes magoado,
que o premio máis grande é a fe.
3. Se ves moi cegado o horizonte
polas néboas escuras do mal,
non te encollas e pérda-la esperanza,
pois a luz chegará sen tardar.
4. Se o mal desta vida te empuxa
a perde-la esperanza e a fe,
ten en conta que a vida é loita,
ti es xove, non podes perder.