CARAVELES TRAEMOS EN DUCIA DE A CEN,
PRA ADORNA-LO BERCE DO NENO RECÉN.
SON DA BEIRA DO MIÑO, CÓIDAOS SAN XOSÉ,
PARA A VIRXE MARÍA QUE ESTIVO DE PARTO
ONTE A NOITE EN BELÉN.
1. Xesús, caraveles que vén a ser
o amor dos veciños deste lugar.
De Galicia, aquí vimos
para ser os primeiros en te agasallar.
2. Xesús, ó naceres Ti, nace Deus,
a Paz, a Ledicia, a Vida e o Ben.
De Galicia, aquí vímosche cantar
coma os anxos na noite de Belén.
3. Xesús, Ti e-la Estrela que brilla máis,
tamén o Camiño por onde andar.
De Galicia, aquí vímosche adorar
coma os Reis no primeiro Nadal.