Coro Parroquial de Esteiro

Esperamos revivir

ESTOU BERRANDO CABO DE TI,
SEÑOR, O CAMIÑO PERDÍN. [BIS]

1. De ditos e pregóns a terra chea está,
que son mentiras sen razóns
e non palabras de verdade.

Estamos a perde-la nosa liberdade,
vendendo o noso corazón
para mercar seguridade.

2. Ti fainos retornar ós camiños da paz.
A noite fainos recordar
a túa casa e o teu pan.

Ti, que e-lo Bo Pastor,
deixas todo o redil por unha ovella
que escapou e aínda espera revivir.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .