QUEDA, SEÑOR, CONNOSCO, A TARDE VAI CAENDO.
1. Como te encontraremos cando esmorece o día,
se Ti non andas polos nosos pasos?
Repousa aquí connosco a mesa está servida,
quentiño o pan, ben recendente o viño.
2. Como recoñecerte, Xesús, entre os homes,
se Ti non comes na mesma mesa nosa?
Darás nolo teu Corpo e o gozo irá arredando
a confusión que cega ós nosos ollos.
3. Vemos luci-lo día sobre a túa limpa face
e o sol brillando, gloria do teu Corpo.
Que todo o noso medo ceda ante o lume vivo
que nos deixou o paso teu na Pascua.