1. Bendito o corazón que se fai niño
pra acoller a semente do querer,
bendito o nome de María Virxe,
que deu a luz pra nos enriquecer.
2. Bendita a pobre que, por ser humilde,
non se nega ó que Deus lle pide e quer.
Bendito o nome de María,
forte para erguer ós pobres de Israel.
3. Bendito o peito a pregoar con forza
a presencia de Deus que é sempre fiel,
bendito o nome de María,
canto da redención do pobo e da muller.
4. Bendita a lingua que canta sen medo
a soberbia vencida do poder;
bendito o nome de María,
claro sinal do triunfo do Reino que vén.
5. Bendito ouvido que escoitou ó Fillo
e que garda a palabra pra facer,
bendito o nome de María ledo,
que aclamamos nosoutros e Isabel.
6. Bendita a terra que o ten ben recorda
e que ensancha no mundo Nazaret.
Bendita en Val de flores, María,
solar galego pra medrar na fe.
7. Bendito o Pai que compartiu contigo
a tenrura do Fillo que nos deu,
bendito sexa Xesús de María,
bendito Espírito de Vida. Amén.