Coro Parroquial de Esteiro

Fagamos que xermole

1. Nunha sociedade sen Deus nin amor,
onde o diñeiro e o pracer son deuses,
e na que o subir e o ascender son mitos
e as cousas deste mundo son candeas;

nós queremos ollar cara ás estrelas
para arrincárlle-la súa luz inaccesible
e espallala polas rúas e camiños dunha terra
que esmorece e xa non brilla.

FAGAMOS QUE XERMOLE A SEMENTE DA FE.
FAGAMOS QUE XERMOLE A SEMENTE DA FE.
FAGAMOS QUE XERMOLE A SEMENTE DA FE.

2. Nunha sociedade feita toda anacos,
na que os ricos son reis poderosos,
onde os pobres son cal vermes que se arrastran,
ai, canto sangue e bágoas son vertidas;

nós queremos fuxir cara o Edén para acougar
co arrecendo das súas flores e voltar de novo
a un mundo corrompido con aromas
e perfumes feiticeiros.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .