Coro Parroquial de Esteiro

Todos xuntos

TODOS XUNTOS COAS MANS UNIDAS
GUIADOS POLA FORZA DO AMOR
CRUZARÉMO-LAS MONTAÑAS E OS OUTEIROS
FAREMOS QUE BRILLE UN NOVO SOL,
OLLAREMOS MÁIS ESTRELAS LUMIEIRAS,
SENTIREMOS QUE CONNOSCO ESTÁ O SEÑOR.

1. Se queres camiñar sendo ti mesmo,
non te ates con cadeas para andar:
libérate de todo o que escraviza,
de todo o que non te deixa pensar.

Se ves alguén que sofre no camiño,
ten fame ou ten sede ou queda atrás,
non pares ata que siga contigo,
que todos xuntos temos que chegar.

2. Agora que es xove e sorrís,
reparte xuventude cos demais,
sementa ilusións por todas partes,
ensina a mirar alén do mar.

Loitemos polas augas transparentes,
polo aire sano para respirar,
por unha terra con froito abundante,
por deixar ceibe a pombiña da paz.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .