EU SON A RESURRECCIÓN E A VIDA, DI O SEÑOR,
QUEN CRE EN MIN ANQUE MORRA VIVIRÁ
E TODO O QUE VIVE E CRE EN MIN
NON MORRERÁ ETERNAMENTE.
1. Como degora a cerva os regatos das augas,
ai, meu Deus, así esliga por Ti a miña alma.
2. As miñas bágoas son o meu pan día e noite,
cando me din de cotío: "onde está o teu Deus?".
3. Os meus ósos crébanse mentres os adversarios
me insultan, dicíndome de cotío: "Onde está o teu Deus?"