Coro Parroquial de Esteiro

Ti creaches, Señor

TI CREACHES, SEÑOR, AS MARABILLAS DESTE MUNDO
PRA QUE TÓDOLOS HOMES VIVIRAMOS NEL DESFRUTANDO
TODOS XUNTOS DA ABUNDANCIA DOS SEUS BENS,
E SENTINDO NO AMOR E NO RESPECTO A REGALÍA DA TÚA PAZ.

1. Señor, noso Deus, Ti enches de marabillas
o mundo enteiro coa gloria do teu Nome.
Ti tapácheslle-la boca ós teus inimigos
ó falaren de Ti os meniños de peito.

2. Cando miro pro Ceo, obra das túas mans;
pra lúa e pras estrelas que creaches Ti,
admiro, Meu Deus, a túa infinda piedade
por poñer, garimoso, os teus ollos en min.

3. E quixeches que eu fose pouco menos que os anxos;
coroáchesme de gloria e de dignidade,
fixéchesme dono das obras das túas mans
e todo o puxeches debaixo dos meus pés.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .