EU QUERO CANTARCHE LOUVANZAS, SEÑOR,
UNIDO CON TÓDOLOS POBOS DA TERRA
PORQUE TODOS SOMOS IRMÁNS
QUE DEBEMOS LOITAR POR UN MUNDO MELLOR.
1. O Señor é o dono da terra e de canto hai:
do mundo e máis dos seres que nel viven,
pois El cimentouna sobre os mares,
e enriba das augas dos ríos asentouna.
2. ¿Quen poderá subir ó monte do Señor?
¿Quen poderá ficar no seu santuario?
Aquel que tiver as mans inocentes, e limpo o seu corazón;
o que non se deixe levar das aparencias,
nin lle minta ó seu próximo xurando con falsía.
3. E se acadará pra si a gracia do Señor
e faralle xustiza o Deus da salvación:
Velaquí a gran familia dos que buscan ó Señor,
veñen axeonllarse ante Ti, Deus de Xacob.
4. Abrídevos portas e cancelas,
arredádevos tamén portóns antigos
pra que poida pasar o Rei da Gloria,
o Señor poderoso na batalla.