AMÓSTRAME, SEÑOR, OS TEUS CAMIÑOS,
ENSÍNAME OS TEUS VIEIROS.
1. Amóstrame, Señor, os teus camiños,
ensíname os teus vieiros.
Diríxeme conforme á túa verdade,
pois Ti e-lo meu Deus e Salvador.
2. O señor é bo e de recto proceder,
amóstralle o camiño ós pecadentos;
ós humildes ensínalle-lo vieiro,
e fainos camiñar en santidade.
3. Tódolos camiños de Señor son misericordia e lealdade
para os que gardan a súa alianza e tamén os seus mandatos.
Non hai segredos entre o Señor e os seus fieis,
faralles coñece-la súa alianza.