O SEÑOR É A MIÑA LUZ,
A MIÑA LUZ E A MIÑA SALVACIÓN.
1. O Señor é a miña luz e a miña salvación,
a quen lle vou ter medo?
O Señor é a defensa da miña vida,
quen me fará tremer?
2. Unha cousa lle pido ó Señor, esa procuro:
vivir na súa casa tódolos días da miña vida;
desfrutar da bondade do Señor
ollando decote o seu templo.
3. Eu conto con gozar da gloria do Señor,
alá cando chegar ó país dos viventes.
Espera no Señor, non te acovardes,
ten azos e confía por sempre no Señor.