FERMOSAS VERBAS BOLEN NO MEU CORAZÓN,
BOLEN NO MEU CORAZÓN FERMOSAS PALABRAS,
O MEU AMADO PRA MIN, EU TAMÉN PRO MEU AMADO.
1. Bolen no corazón fermosas verbas,
adícolle ó Rei o meu poema.
2. E-lo máis fermoso dos fillos dos homes,
a gracia desborda nos teus beizos;
por iso bendíxote Deus para sempre.
3. Escoita, filla, mira e inclina o teu oído:
esquece o teu pobo e a casa do teu pai.
4. Prendado está o Rei da túa beleza;
póstrate diante del, que é o teu Señor.
5. Toda radiante entra a princesa,
bordados en ouro os seus vestidos.
6. Así enfeitada lévana diante do Rei,
e detrás dela as virxes, as súas compañeiras.
7. Lévanas con ledicia e algueireo,
entran no pazo do Rei.
8. No canto dos teus pais terás fillos;
faralos príncipes sobre toda a terra.