Coro Parroquial de Esteiro

Louvémo-la infinda piedade

LOUVÉMO-LA INFINDA PIEDADE,
E A FORZA DO NOSO DEUS,
POIS SALVÁNDONOS DA MORTE,
EL NOS DEU A LEDICIA DA VIDA.

1. Glorifica a miña alma, ó teu Señor,
non te esquezas do ben que El che fixo,
pois perdóache decote os teus pecados
alonxando da morte a túa vida,
e coroándote de gracia e de agarimo.

2. O Señor sempre é xusto nas súas obras:
El defende os que están asoballados:
El ten pra nós entrañas de Pai,
non anda decote rosmando contra nós,
nin se encabuxa cando de El nos esquecemos.

3. Como o Ceo se levanta sobre a terra,
como dista oriente do occidente,
moito máis alonxa El as nosas faltas,
pois El ben coñece a nosa feitura;
ben sabe El que nós de barro fomos feitos.

4. Puxo El o seu trono no Ceo:
é o dono de todo o Universo:
que o louven as obras das súas mans,
pois todas son froito do seu amor;
ti, miña alma, glorifica ó teu Señor.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .