ESTE É O DÍA GRANDE QUE O SEÑOR NOS PREPAROU,
ESTE É O DÍA DA PASCUA,
E DEBÉMOSLLE CANTA-LO NOSO ALELUIA,
AI LALELO, AI LALALA, O SEÑOR RESUCITOU.
1. Escoitade a canción de vitoria
que sae agora da boca dos xustos:
A man do Señor é poderosa,
a man do Señor enforteceunos;
a man do Señor devolvéuno-la gloria.
2. Que lle canten ó Señor os fillos de Israel:
“Como triunfa sempre a túa misericordia”;
que lle canten tamén os seus fieis
e tódolos homes de ben:
“Como triunfa sempre a túa misericordia”.
3. Puxeran atrancos no noso camiño,
botáranse todos enriba de nós
como se fora un enxame de abellas;
pero nós desfixémonos de eles,
amparados na forza do brazo de Deus.
4. Non hei de morrer: por sempre vivirei,
pra cantar as glorias do Señor.
Abrídeme as portas do triunfo;
pois quero entrar na casa do Señor,
e cantarlle alí a súa misericordia.