Coro Parroquial de Esteiro

O Señor é quen te coida

ERGO OS MEUS OLLOS CARA ÓS MONTES:
¿DE ONDE ME VAI VI-LA AXUDA?

VAIME VIR DO SEÑOR DEUS
QUE FIXO O CEO E MAILA TERRA.
[BIS]

1. Non deixará que escorreguen os teus pés,
o que te coida non se adurmiñará.
Non teñas medo non vai topenexar
o que de sempre foi garda de Israel.

2. El hache dar como a sombra protección,
como un amigo irá contigo ó par;
de noite a lúa non che ha de facer mal,
nin polo día te vai queima-lo sol.

3. El tornará do teu lado todo o mal,
a túa vida terá de che soster;
saias ou entres, alí estará El,
hoxe e por sempre o Señor te coidará.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .