Coro Parroquial de Esteiro

Moito me alegrei

MOITO ME ALEGREI CANDO ME DIXERON:
“ÍMONOS IR Á CASA DO SEÑOR”

1. Xa están petando lediciosos os meus pés
no limiar das túas portas, Xerusalén.
Aquí veñen subindo as tribos de Israel,
pra celebra-lo Nome do Señor.

2. Xerusalén está tan ben concertada
como vila que asenta sobre pedra.
Nela ten a xustiza o seu trono,
na casa do noso santo Rei David.

3. Que haxa paz nesta nosa cidade,
vivan ben os que son os teus amigos.
Que haxa paz nas súas murallas;
teñan acougo todos nas súas casas.

4. Polos meus irmáns e meus compañeiros
eu direiche: ”Que a paz sexa contigo”.
Pola casa do Señor, o noso Deus,
eu quero que desfrutes todo ben.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .