LOUVADE, LOUVADE, LOUVADE Ó SEÑOR,
OS CEOS E A TERRA ALABEN A DEUS.
1. Gabai ó Señor nos ceos,
gabaino nas alturas;
louvádeo tódolos seus anxos,
louvádeo tódolos seus exércitos.
2. Aclamádeo sol e lúa,
aclamádeo estrelas todas lucentes;
gabaino ceos dos ceos,
e as augas de sobre os ceos.
3. Reis e pobos do mundo,
príncipes e xefes da terra;
os mozos e tamén as mozas,
os vellos xunto cos nenos.
4. Louven o Nome do Señor,
o único nome sublime;
louvanza de tódolos seus fieis,
de Israel, o seu pobo escollido.