Coro Parroquial de Esteiro

Anque vou polo mundo

ANQUE VOU POLO MUNDO CAMIÑANDO BAIXO O SOL,
EN COLLEITO POLO PESO DE ESTA MIÑA SERIA,
MEU ESPÍRITO ESTÁ CHEO DE LEDICIA,
AGARDANDO O RELAMPO DA GLORIA DO MEU DEUS.

1. Cantémoslle ó Señor unha cantiga nova
louvémolo todos, pois sómo-los seus fillos:
que hoxe brinque ledicioso o pobo de Israel:
o Señor é o noso Deus, é o noso Rei.

2. Ensalcémo-lo seu Nome cantando e bailando;
cantémoslle ó son da gaita e do pandeiro,
pois El sempre quérelle ben ó seu pobo
dándolle o triunfo decote ós que son fillos seus.

3. Xa están reloucando de gloria os seus fillos,
enchéndolle a casa cos ledos aturuxos:
teñen roucas as gorxas de tanto cantar,
apreixando na man as súas espadas.

4. Humíllanse tódolos pobos da terra
e veñen os reis baixando a cabeza,
pra poñerse ó servicio dos fillos de Deus,
dos que buscaron no Señor a súa defensa.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .