1. Cando cae a tarde, Deus,
xuntámonos na oración,
e o mundo enteiro en nós canta
que Ti es fiel e Ti es bo.
2. Es fiel noso Pai no amor,
Xesús é fiel no perdón,
o alento dos dous
o Espírito
segue fiel na oración.
3. Bendito Deus entregado
ó pobo sen condicións,
bendito Deus entrañado
cos pobres feito paixón.
4. Bendito Pai polo home,
que polo pan traballou;
bendito Pai pola terra
que os seus bens nos regalou.
5. Bendito sexas, Xesús,
pola xente que loitou
canda Ti durante o día
por unha terra mellor.
6. Bendito sexas Espírito
polo lume que quentou
ós que aterecen de frío,
ós que viviron pro amor.
7. Que a terra cante serena
nesta hora a túa canción,
que o pobo chegue valente
a fe na resurrección.