¡CÁNTA LEDICIA ESTAR CONTIGO,
SENTIRTE PRETO, SEÑOR DA VIDA!
¡CÁNTA ESPERANZA TI NOS REGALAS
AO CELEBRARMOS A EUCARISTÍA.
1. Ti, Xesús, es noso amigo e dixéchelle aos máis grandes
Que deixaran que os pequenos ou teu lado se achegasen.
2. Cando a xente anda con fame
disnos aos que te seguimos: "dádelles vós de comer"
e seredes meus amigos.
3. E nós, coma aquel rapaz que che entregou cinco pans,
darémosche cánto temos e Ti o milagre farás.
4. Que hoxe nesta Eucaristía Ti multipliques o Pan
que alimenta a nosa vida e nos une coma irmáns.