1. Nada hai que eu queira máis
cá chegada do teu Reino,
sei que ben acougarei
coa xustiza que nel vexo.
Todo o demais hei de ter
ou suficiente ou sobexo,
como o paxariño ten
acotío o alimento.
VEÑA O TEU REINO, SEÑOR,VEÑA O TEU REINO,
QUE NA TERRA HAI BOA FALLA
DE QUE MUDEN MOITAS COUSAS E MELLORES
QUE NA TERRA HAI BOA FALLA
DE QUE MUDEN MOITAS COUSAS E MELLORES
2. O mundo arela tamén
a chegada do teu Reino
sen que poida repousar
ata que o sinta no seo.
Dores de parto que ten,
berros que profire arreo,
habémolos aturar
mentres non veña o teu Reino.