1. Son mans abertas acariciando os nenos,
repartindo tenrura a quen se achega a EL;
son mans que parten o pan para os máis pobres
son as mans de Xesús de Nazaret.
Son mans quentiñas de Bo Samaritano
curando a quen encontra ferido no camiño;
Son mans que sangran desde unha cruz cravados
para salvalo home arrepentido.
QUERO SER AS TÚAS MANS, A TÚA BOCA, SEÑOR
QUERO SER AS TÚAS MANS, A TÚA BOCA, SEÑOR
2. Son mans que apoian a tódolos caídos
que a El tenden as súas pedindo conpaixón;
son mans que abrazan ó fillo que regresa:
son as mans de Xesús, o Salvador.
Son mans tendidas ó amigo que dubida
mostrándolle as chagas, sinal de tanto amor;
son mans que prenden a luz dun Novo Día
para quen busca nel a salvación.
QUERO SER AS TÚAS MANS, A TÚA BOCA, SEÑOR
QUERO SER AS TÚAS MANS, A TÚA BOCA, SEÑOR