NOSA SEÑORA DE FÁTIMA
ROGA POR NÓS, ROGA, POR NÓS.
NOSA SEÑORA DE FÁTIMA
ROGA POR NÓS, ROGA POR NÓS.
1. Virxe Nai, nosa Señora
sé benvida nesta casa,
dános hoxe nesta hora
a túa gracia, nai amada.
Co corazón en festa,
coa alma confiante,
neste voso santuario
nós entramos reverentes.
2. Nai de Deus e nai da igrexa,
ti dos ceos es a raíña
e na terra nos protexes
como ós vosos pastoriños.
E con flores perfumadas,
coa luz das nosas velas,
recibe esta homenaxe,
nosas preces tan sinxelas.
3. Es a nai dun pobo humilde,
pois humilde ti viviches.
Grande é a sinxeleza
deste pobo que ti ves.
Axúdanos na fraqueza,
consola os nosos fillos;
axúdanos na esperanza,
sé para nosa fe auxilio.
4. Es a Santa peregrina;
visita as nosas familias,
ven tomar con nós o viño,
pon amor nas nosas vidas.
Es a Santa misioneira;
con exemplo nos animas
a escoitar ó teu fillo
e facer o que el ensina.
5. Sobre nós os peregrinos
invoca a divina gracia.
Paz, saúde e harmonía
sobre nós e as nosas casas.
Coas mans a ti erguidas,
coa mirada suplicante,
ti nos enches de ledicia
este corazón en preces.