1. Boca que anuncia que Deus é noso Pai
e que coida de nós co seu máis tenro amor;
boca que chama “Felices” ós máis pobres
pois teñen en Deus o corazón.
Boca que canta a grandeza do home
cando se fai pequeno, humilde e servidor
e que sementa palabras de esperanza:
a boca de Xesús Sementador
QUERO SE-LA TÚA BOCA, OS TEUS LABIOS, SEÑOR
QUERO SE-LA TÚA BOCA, OS TEUS LABIOS, SEÑOR
2. Boca que bica os pés dos seus amigos,
amando ata o extremo, con infínito amor;
boca que manda: "Facede vós o mesmo":
a boca de Xesús, Mestre e Señor.
Hoxe pregunta: ¿quéresme máis ca estes?
serás ti testemuña da Resurrección;
para engadir: "Serás pastor comigo:
coñecerán por ti a miña voz".
[REFRÁN]