Coro Parroquial de Esteiro

Hei de chamarche pai

PAI, HAS DE OÍR ESTE DICIR
QUE SE ME ABRE NOS BEIZOS COMA FLOR.
HEI DE CHAMARCHE PAI
POIS É A PALABRA QUE SABE A MÁIS AMOR,
HEI DE CHAMARCHE PAI,
POIS É A PALABRA QUE SABE A MÁIS AMOR.

1. Sei que son teu na miña carne,
prendido mirei o teu fulgor.
Hasme axudar a camiñar
sen esfolla-la miña rosa de esplendor.

2. Por canto son gracias che dou,
polo puro milagre de vivir
e polo ver a tarde arder,
polo encantamento de existir.

3. Tra-lo vivir dame durmir
cos que ataches aquí ó meu querer.
Dame, Señor, fondo soñar:
que un fogar dentro de Ti nos has facer.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .