Cando a angustia enche o corazón
abre ben os ollos non estás só:
Ela vai ó teu lado e te axuda a camiñar.
A súa man que xera comprensión,
o seu corazón cheo de perdón,
esperanza e vida do seu si naceu o amor.
É MARÍA A NAI DO NOSO DEUS
QUE SEMPRE VAI CON NÓS
ELA FÁLANOS Ó CORAZÓN,
ÉNCHENOS DO SEU AMOR.
1. Virxe humilde o máis fermoso
que fixo a man do Señor.
É-la luz de cada día,
a estrela que loce mellor.
É MARÍA A NAI DO NOSO DEUS
QUE SEMPRE VAI CON NÓS
ELA FÁLANOS Ó CORAZÓN,
ÉNCHENOS DO SEU AMOR.
2. Virxe pura, dóce naiciña,
que a todos deu o Señor.
Ti é-la voz da miña alma,
o alento do meu corazón.
É MARÍA A NAI DO NOSO DEUS
QUE SEMPRE VAI CON NÓS
ELA FÁLANOS Ó CORAZÓN,
ÉNCHENOS DO SEU AMOR.