Coro Parroquial de Esteiro

A Cristo cantemos

A CRISTO CANTAMOS NA LUZ QUE ALUMEA,
A CRISTO CANTAMOS CO LUME DA FE.

1. A esperanza é unha fonte
que está o final do camiño.
Sede a forza que nos move,
Deus nos manteña sedentos.

Deus nos manteña sedentos,
romeiros a camiñar
á procura dunha terra
que deite o viño da paz.

2. Imos rematar as tebras
que a noite abondo dourou
e se o sol non quer saír
alumeamos todos nós,

Alumeamos todos nós
co facho dunha esperanza,
limpa, quente, fonda e rexa
como cantigas das augas.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .