Coro Parroquial de Esteiro

A fonte do santuario

Á FONTE DO SANTUARIO FUN A BEBER
A AUGA QUE ALÍ NACÍA E VIN UNHA LUZ
QUE ME INDICABA O CAMIÑO A SEGUIR
DICÍNDOME: "LOADE Ó SEÑOR, LOADE O SEÑOR"

1. Lévoo no meu pensamento cada día ó camiñar
se me sinto descontento non deixo de amar.
Só Deus sabe o meu lamento cando estou canso de andar,
peregrino no camiño, sen sentir amor,
peregrino no camiño sempre así, Señor.

2. Auga limpa e milagreira, a fonte santa gardou,
para darlle ós camiñantes sabia bendición.
Loade a Deus para sempre como un fillo ama ó seu pai
e lembrarse de buscarlle a razón de ser
camiñante peregrino entregado a El.

3. Auga limpa e milagreira, a fonte santa nos deu,
para saciar nos camiñantes a sede de Deus.
No bautismo recibimos pola auga a gracia DEL
que nos fai membros de Cristo no seu pobo fiel
e consagra a nosa vida para segui-lo a El.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .