Coro Parroquial de Esteiro

Acharte presente na vida

ACHARTE PRESENTE NA VIDA,
FIARME DE TI, SEN TE VER,
LEVAR UNHA LUZ ACENDIDA,
QUERER E DEIXARSE QUERER.

1. Andar canda Ti o camiño,
vibrar ó sentirte falar,
toma-lo teu pan e o teu viño
doerme de verte marchar.

2. Prender no teu lume unha tea,
saber acoller a quen vén,
doar a quen nada me dea,
partir co irmán que non tén.

3. Abrirche se petas na porta,
deixarte sentar no meu lar,
sabe-lo que oírte me aporta,
quedarme contigo a velar.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .