Coro Parroquial de Esteiro

Amigo

1. Imos por este camiño coñecermos a Xesús,
a paz, o ben e a xustiza, que no mundo haxa luz.
Ven, amigo, ven comigo a construír
un novo mundo fermoso, un mundo para ti.

AMIGO, VEN COMIGO,
COLLIDO SEMPRE DA MAN,
DEIXEMO-LAS ENVEXAS,
XUNTÉMONOS, IRMÁNS.
(BIS TODO)

2. Cando o andar sexa duro e difícil sexa rir,
abre a túa man, meu amigo,
El sempre estará aquí.
Ven, amigo, buscaremos a Xesús,
coñecerémo-la vida, a paz, o ben, a luz.

3. Imos de présa ou a modo, o importante é camiñar,
sentindo os bens cobizados entre nós presentes xa.
Ven, amigo, e connosco virá Deus
co seu reino de xustiza, de paz e de lecer.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .