ANDAREI NA PRESENCIA DO SEÑOR,
CAMIÑAREI POR CAMIÑOS DE VIDA,
HEI DE ESCOITA-LA PALABRA QUE EL NOS DÁ
POIS É A LUZ QUE NOS GUÍA.
1. Camiñando polo mundo imos indo cara ó Alén
Peregrinos no deserto: "Ven connosco, Deus amigo"
Cando as tebras nos envolvan, fainos ve-la túa luz
Para acertar co camiño.
[REFRÁN]
2. Cando nos falten as forzas para segui-los teus vieiros
E nos sintamos vencidos por atrancos do inimigo.
"Ven connosco, Deus amigo, fainos ve-la túa luz"
para chegar ó destino.
[REFRÁN]
3. Cando andamos na maldade, na inxustiza ou na mentira,
destruíndo o "home novo" que das túas mans saíra.
"Fainos ve-la túa Luz, ven connosco Deus amigo"
para trocar morte en vida.