1. Cando pousan as sombras no ser das cousas,
cando Ti nos visitas e nos acougas,
aclamámoste xuntos, creador da vida,
gardián de todo o pobo, na anoitecida.
CONTIGO NO AMENCER E Ó MEDIODÍA,
CONTIGO PO-LA TARDE E Á NOITIÑA.
CONTIGO NESTE POBO ADORMECIDO;
NESTA TARDIÑA E SEMPRE NÓS CONTIGO.
2. Foron pasando as horas coa súa carga
de ilusión e esperanza, de pinga amarga;
con Xesús camiñamos, el é o guieiro,
da humanidade nova, ronsel certeiro.
3. O Espírito anda preto das nosas dores,
doando perdoanzas, saciando amores,
con El renovaremos a fin do día
a lapa da irmandade que en Deus ardía.