1. Cantarei ó Señor, eixo da historia.
Cantarei ó Señor, dono da vida.
Cantarei ó Señor, que abre os seus brazos
a quen quere loitar pola xustiza.
CANTAREI Ó SEÑOR,
CANTAREI Ó SEÑOR.
2. Cantarei ó Señor, que é a Luz do mundo.
Cantarei ó Señor, que anuncia o Reino.
Cantarei ó Señor, que nos envía
para ser do Evanxeo pregoeiros.
3. Cantarei ó Señor, Palabra eterna.
Cantarei ó Señor, que é o noso Mestre.
Cantarei ó Señor, que nos promete
ser felices con El eternamente.
4. Cantarei ó Señor, Resucitado.
Cantarei ó Señor, coa luz do abrente.
Cantarei ó Señor, con toda a Igrexa
celebrando que nela está presente.
5. Cantarei ó Señor, xuíz da tarde.
Cantarei polo amor con que nos ama.
Cantarei ó Señor, que nos acouga
e nos enche de paz coa súa gracia.