Coro Parroquial de Esteiro

Cara a Deus

VOU CARA A DEUS A ALCANZALO
NO CUMIO DO MONTE ALÓN.
QUERO DEIXARLLE O MEU CORPO
E DARLLE O MEU CORAZÓN.

1. O grande trigo arrincado
quero levarlle ó meu Pai.
Nas miñas mans arroupado
para que faga un bo pan.

E no medio do camiño
atopei un caravel
agochado entre as pedras,
tamén llo levarei.

E no medio do camiño
atopei un caravel
agochado entre as pedras,
tamén llo levarei.

2. Cara Deus na súa procura
no Monte ‘Alón’ me quedei;
Calmoume a sede con auga,
deume o seu pan a comer.

E o meu corpo voaba
nas follas do caravel.
Nun loureiro verde axiña
puiden velo a El.

E o meu corpo voaba
nas follas do caravel.
Nun loureiro verde axiña
puiden velo a El.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .